Breve descripción:
Os centros deportivos de desenvolvemento persoal combinan o coidado físico e mental co crecemento persoal e a aprendizaxe e profundización en disciplinas como o Tai-Chi, o Ioga, Chi-Kung, Pilates, Danza do ventre, etc. e pódese complementar con outros servizos, como por exemplo, a medicina china, masaxes e venda de equipos e material sobre estas actividades (libros, Cd, equipamentos…).
características:
| CNAE/SIC | 92.61/79.41 |
| IAE | 96.7 |
| CONDICIÓN XURÍDICA | Sociedade Limitada |
| FACTURACIÓN | 62.500€ |
| LOCALIZACIÓN | Centros urbanos |
| PERSOAL E ESTRUTURA ORGANIZATIVA | 1 emprendedor que se dedica á xestión da empresa e a impartir clase e 1 monitor |
| INSTALACIÓNS | 200 m2 (2 salas para exercicios, vestiarios e recepción) |
| CLIENTES | Particulares, maioritariamente mulleres e do contorno xeográfico próximo ao centro |
| CARTEIRA DE PRODUTOS | Actividades deportivas alternativas: ioga, pilates, tai-chi, chi-kung, danza do ventre, kung fu tradicional, kung fu moderno, wun shu, judo, kido kay, shindo, etc |
| FERRAMENTAS DE PROMOCIÓN | “Boca a oído”, anuncios en prensa, páxina web, carteis, cartas, etc |
| VALOR DO INMOBILIZADO/INVESTIMENTO | 35.900€ |
| IMPORTE DOS GASTOS | 58.414€ |
| RESULTADO BRUTO | 6,53% |
Vantaxes:
Unha das vantaxes é que está moi de moda actividades como o ioga ou o pilates, e un negocio coma este combinan tanto estes exercicios como masaxes ou medicina china.
Outra vantaxe é que estas actividades son moi relaxantes e son recomendables se se sofre estrés ou ansiedade, e moita xente que traballa todo o día necesita un descanso.
Desvantaxes:
Algunhas desvantaxes son que estas actividades están orientadas só ao sector feminino, o que reduce un pouco o número de clientes.
Ademais é difícil atopar persoal especializado para realizar este traballo.
Eu situaría este negocio cerca do balneario Baños Vellos, porque nesa zona tamén esta un ximnasio que traballa con artes marciais, e penso que está relacionado co negocio que montaría.

Ben, boas entradas as dúas
ResponderEliminar