sábado, 13 de noviembre de 2010

Actividade 5.1

Penso que un bo negocio é o centro deportivo de desenvolvemento persoal.

Breve descripción: 
Os centros deportivos de desenvolvemento persoal combinan o coidado físico e mental co crecemento persoal e a aprendizaxe e profundización en disciplinas como o Tai-Chi, o Ioga, Chi-Kung, Pilates, Danza do ventre, etc. e pódese complementar con outros servizos, como por exemplo, a medicina china, masaxes e venda de equipos e material sobre estas actividades (libros, Cd, equipamentos…).

características:
CNAE/SIC92.61/79.41
IAE96.7
CONDICIÓN XURÍDICASociedade Limitada
FACTURACIÓN62.500€
LOCALIZACIÓNCentros urbanos
PERSOAL E ESTRUTURA ORGANIZATIVA1 emprendedor que se dedica á xestión da empresa e a impartir clase e 1 monitor
INSTALACIÓNS200 m2 (2 salas para exercicios, vestiarios e recepción)
CLIENTESParticulares, maioritariamente mulleres e do contorno xeográfico próximo ao centro
CARTEIRA DE PRODUTOSActividades deportivas alternativas: ioga, pilates, tai-chi, chi-kung, danza do ventre, kung fu tradicional, kung fu moderno, wun shu, judo, kido kay, shindo, etc
FERRAMENTAS DE PROMOCIÓN“Boca a oído”, anuncios en prensa, páxina web, carteis, cartas, etc
VALOR DO INMOBILIZADO/INVESTIMENTO35.900€
IMPORTE DOS GASTOS58.414€
RESULTADO BRUTO6,53%




Vantaxes:
Unha das vantaxes é que está moi de moda actividades como o ioga ou o pilates, e un negocio coma este combinan tanto estes exercicios como masaxes ou medicina china.

Outra vantaxe é que estas actividades son moi relaxantes e son recomendables se se sofre estrés ou ansiedade, e moita xente que traballa todo o día necesita un descanso.


Desvantaxes:
Algunhas desvantaxes son que estas actividades están orientadas só ao sector feminino, o que reduce un pouco o número de clientes.

Ademais é difícil atopar persoal especializado para realizar este traballo.

Eu situaría este negocio cerca do balneario Baños Vellos, porque nesa zona tamén esta un ximnasio que traballa con artes marciais, e penso que está relacionado co negocio que montaría.


1 comentario: