lunes, 20 de diciembre de 2010

La gran pregunta- nativo del Congo

Son o xefe da miña tribu, composta por poucos nenos que dedicanse a xogar e a aprender, as mulleres, que coidan dos nenos e fan as tarefas de casa, e os homes, que dedicamonos a cazar e a manter a familia. Hoxe, no ano 1885 chegaron uns homes brancos vestidos e con armas. Eran europeos e viñeron en cabalos e en grandes carruaxes. Centos de homes chegaron dende detrás das altas montañas pola mañán  e montaron un campamento no val. Pola tarde viñeron ao noso pobo e sorprendéronse de que comeramos a outros homes. Eles comían a outros animais, verduras e froitos. Nos os froitos só os comemos se é imprescindible.  Colleron as mulleres e aos nenos, e aos homes golpeáronnos e apresáronnos. Falaban nun idioma extraño. Nunca víramos a ninguén así. Queimaron algunhas das nosas casas e arrasaron con todo canto encontraron no seu camiño. Ninguen sabe de onde veñen e que queren.




Despois dunha longa noite sen durmir apresado no seu campamento, ao amencer colleron outra vez as armas e foron buscar o que querían a outros pobos. Colleron de novo os seus fortes cabalos, e foron camiñando a apresar aos campamentos dos nosos veciños.
Aínda non sabemos o que queren, pero non nos van compensar de ningun modo. Non sabemos nada acerca do que nos van facer. Todo o pobo esta asustado, e como son o xefe, acuden a min, pero non sei que facer, porque teñen armas de fogo infinitamente mellores ca as nosas rústicas lanzas ou pedras. Non podemos rebelarnos contra eles, so esperar ata que esto pase…

Despois de largos anos, fixeron do Congo unha gran colonia. A existencia desta colonia dará moitos cartos ao seu país, pero nós, os habitantes do Congo, non saímos moi ben parados. Algúns din que temos sorte de estar vivos, outros queren acabar con esto xa. Xa sabemos o que buscaban. Na súa terra hai uns carruaxes de ferro que non necesitan cabalos, que se chaman coches, e necesitan caucho. Ademáis tamén queren  rubíes, diamantes, oro y marfil. Nos temos que traballar para conseguir todo o que queren, obligatoriamente, e non nos dan nada a cambio. Durante estes anos mataron a moitos dos nosos irmans, alguns din que son 6 millons, outros din que son 10, pero todo débese a que a poboación quere marchar deste lugar ou que a agricultura desestabilízase.




Os belgas ocupanse de toda a política e o diñeiro, e nós estamos sometidos a  escravitude. Moitas figuras importantes apoianos e loitan pola nosa independencia, que por fin sexamos libres e non vivamos en condicions de vida horripilantes. Queremos ser como eramos antes.

1 comentario: